O grupo artÃstico Atlántica foi recoñecido co Premio Laxeiro, que outorga anualmente a fundación que leva o nome do pintor. O galardón quere rendir tributo a un colectivo que revolucionou a plástica galega nos anos oitenta e do que fixeron parte unha vintena de artistas. Román Pereiro, un dos promotores do grupo, será o encargado de recoller o premio.
O padroado da fundación valorou ademais que este colectivo foi pioneiro en reivindicar a figura de Laxeiro, e artellou unha exposición con trescentas obras deste creador na Casa Galega da Cultura en Vigo.
A Fundación anunciou ademais que en 2022 o MARCO de Vigo acollerá unha exposición sobre o autor, a coincidir coa celebración do Ano Laxeiro. Laxeiro e a pintura española da sú época estará comisariada por Miguel Fernández Cid e contará cun orzamento de 120.000 euros, grazas á colaboración do concello.