Falece o pintor Manuel Aramburu

Acababa de recibir o Premio Provincial de Cultura de Pontevedra

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Este sábado 20 de juño falecía en Pontevedra o pintor Manuel Aramburu. O artista, de 79 anos de idade, nacera en León e comezou a súa carreira na entre os pintores de posguerra e a renovación plástica dos anos oitenta. O seu estilo mantívose achegado ao impresionismo e na súa obra detéctase un grande interese polo retrato. En 2013 o Museo de Pontevedra acoller a súa última exposición, na que se realizaba un amplo percorrido por toda a súa carreira.

Precisamente Aramburu fora recoñecido na véspera do seu pasamento co Premio Provincial de Cultura que outorga a Deputación de Pontevedra. Canda a el, tamén se recoñeu o espazo artístico vigués El Halcón Milenario o Ateneo Santa Cecilia de Marín, o músico Rogelio Groba e mais a Asociación Cultural Danza de Arcos.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rogelio Groba, Danza, Deputación de Pontevedra, Museo de Pontevedra...