Fecha o espazo de arte vigués El Halcón Milenario

Unha exposición de Federico Fernández porá punto e final o proxecto

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Plano de El Halcón Milenario

Plano de El Halcón Milenario

O vindeiro 29 de marzo preséntase a que "posiblemente sexa a última exposición" de El Halcón Milenario. Os responsables deste espazo vigués dedicado á arte contemporánea, situado nunha vivenda convencional, anuncian que este ano supón o remate do proxecto que comezou a súa andaina en 2011. Federico Fernández Fredi protagoniza esta última mostra. O que foi Premio Nacional de Ilustración e antigo habitante do piso, presenta unha retrospectiva de dúas décadas de traballo, composta na súa maior parte por debuxos que logo apareceron en diferentes publicacións. El Halcón Milenario constituíu unha proposta anovadora no achegamento á arte, ca organización de mercadiños, propostas escénicas, concertos ou exposicións, na súa maior parte vencelladas ao movemento underground.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Puntos de encontro (II)

Puntos de encontro (II)

O MARCO recolle a proposta de Manuel Eirís na súa reflexión sobre a cidade contemporánea

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións

Claves

Conceptos