Rúa Palma, nº9, 2º é o nome da última exposición que se pode ver no MARCO vigués. Pero tamén é o enderezo do piso no que o artista Manuel Eirís (Santiago, 1977) realiza o seu traballo de “desocultamento”, o que é o mesmo, a operación de desafacer un edificio para ver como está construído. O proceso de todo ese traballo de achegamento ao pasado desa vivenda (fotos, vídeo…) está recollido no Espazo Anexo do Marco ata o 21 de xuño. É a segunda mostra que compón o proxecto Puntos de encontro que pretende traballar sobre o concepto de cidade contemporánea como espazo heteroxéneo.



