A cidade contemporánea é diversa e múltiple. Un espazo no que se establecen unha serie de relacións entrecruzadas entre puntos e elementos. Está é a filosofía coa que nace Puntos de encontro, o proxecto comisariado por Agar Ledo que ocupará o Espazo Anexo do MARCO ao longo deste 2009. Pedro Barateiro (Almada, Portugal, 1979) é o encargado de abrir esta serie con Amanha nao nasce ninguém. Unha video-instalación que presenta espazos industriais da zona de Vigo e Lisnave (Portugal) sobre os que se apousenta o artista para construír un novo espazo social e ético.


