O Marco inaugura un novo espazo expositivo coa obra de Ángela de la Cruz

Máis marco

16/9/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Museo de Arte Contemporánea de Vigo, presenta por primeira vez a obra da artista Ángela de la Cruz (A Coruña, 1965). Unha mostra que se presenta como unha novidade, non só porque é a primeira vez que esta artista expón en España, senón porque con ela se abre unha serie de novidades no museo. En primeiro lugar se inaugura un novo lugar no Marco, o Espazo Anexo, unha sala de proxectos con características e elementos distintivos, que funcionará como contrapunto da programación expositiva do edificio principal; e en segundo lugar porque coa súa obra se editará un catálogo que supón o inicio dunha liña de publicacións que aproveita o nome da nova sala, "Espazo Anexo".

Máis información no web do Marco

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, A Coruña, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)