Fran Quiroga gaña a Convocatoria de proxectos ANEXO 2017 do MARCO

Coordinará a programación do espazo entre marzo de 2017 e xaneiro de 2018

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

#Salón do MARCO, un lugar para facer é o proxecto co que Fran Quiroga se impuxo na Convocatoria de proxectos ANEXO 2017 do Museo de Arte Contemporánea de Vigo. O xurado, composto por Mela Dávila, directora de programas públicos do MNCARS Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía; Julio Gómez, codirector de Sinsalaudio; Sören Meschede, membro de hablarenarte; e Agar Ledo, responsable de exposicións do MARCO, seleccionaron esta proposta entre as 24 que se presentaron ao certame. O proxecto vencedor pretende transformar o espazo Anexo "nese lugar de socialización, nese espazo de encontro e de interacción e debate que transite entre os dentros e aforas do propio centro de creación, co obxectivo de participar nesas praxes que facilitan procesos de axenciamento colectivo".

Na súa elección, o xurado destacou "a boa articulación dos contidos e da xestión, tamén económica, do proxecto", "a implicación de públicos que non proceden necesariamente do campo da arte", "o carácter colaborativo da proposta, en cuxa redacción participaron os colectivos implicados", e "a apertura do espazo á cidadanía, para que se apropie del participando e producindo contidos". A iniciativa desenvolverase entre marzo de 2017 e xaneiro de 2018, e contará cun orzamento de 18.000 euros para a súa realización.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Agar Ledo, Exposicións, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Sinsalaudio...