De anexo do museo, a anexo da rúa

Jose Dávila reflexiona sobre o espazo e a arquitectura no MARCO

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Jose Dávila

Jose Dávila

Nunha das veces que Jose Dávila visitou Vigo quedou sorprendido pola falta de continuidade no urbanismo da cidade. E iso mesmo foi o que quixo trasladar á súa proposta do Espazo Anexo no que simula unha planta dun edificio invisible. Por iso, todos aqueles que queiran achegarse realmente á sua proposta (Espazo Continuo, ata o 2 de maio) han de pasear por entre as columnas e os falsos muros que están a medio camiño entre o edificio e a rúa. Unha combinación entre o movimento e as formas estáticas que reflexiona sobre o lugar, o espazo e a súa arquitectura. Con esta exposición o MARCO pecha a serie Meetings points/Puntos de encontro que obrigou a cinco artistas a repensar a cidade de Vigo.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Puntos de encontro (II)

Puntos de encontro (II)

O MARCO recolle a proposta de Manuel Eirís na súa reflexión sobre a cidade contemporánea

Puntos de encontro

Puntos de encontro

Pedro Barateiro abre no MARCO un ciclo expositivo que reflexiona sobre as cidades actuais

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, Muros, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)