Era o espazo que o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) deixaba para propostas máis innovadoras, máis vangardistas e que tiveran vencellos fortes coa cidade. Sen apartar esa liña de traballo (que se traslada ao interior do museo), o seu director decidiu arriscar un pouco máis, alongar no tempo a proposta e converter o Espazo Anexo nunha habitación de hotel. Logo de varios adiamentos por cuestións orzamentarias, Proxecto Hotel ábrese mañá ao público.
Buscabamos un cambio radical, amosar unha faceta diferente do que é a arte, de que podía ter unha utilidade e que, ao mesmo tempo, fose un concepto a longo prazo. Con esta filosofía que describe Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO, foron perfilando unha iniciativa que tiña como obxectivo transformar o Espazo Anexo do museo nunha habitación de hotel. ¿Por que nun hotel?, Pois porque pensamos que podía resultar algo atractivo para o público e que ao mesmo tempo fose moi práctico para nós, porque servirá de espazo para residencias artísticas e lugar de aloxamento para os creadores que veñan ata Vigo para facer algún proxecto puntualiza o director ao tempo que comenta que tamén se abrirá ao público xeral. Mañá inaugurarase ese singular espazo no que tivo tanta importancia o proxecto artístico como o arquitectónico e que estará operativo ata outubro de 2013.
O proceso arquitectónico
Pero da idea inicial ao proceso de inauguración que terá lugar mañá (o MARCO fai doblete de inauguración de proxectos aproveitando que se desenvolve na cidade a feira de arte contemporánea Espacio Atlántico), houbo máis de dous anos de traballo. Con adiamentos por mor da crise económica, que fixo aparcar o proxecto durante meses, existiu un laborioso proceso de cordinación a tres bandas: dunha parte Michael Lin, o artista xaponés encargado de darlle a dimensión artística, que segundo explica Iñaki Martínez Antelo, realizou un deseño que está inspirado na cerámica de Sargadelos; doutra parte estaba o estudo RVR arquitectos, que foron os que se encargaron de deseñar o espazo. A súa experiencia previa en instalacións efémeras (como a que desenvolveron no Quiosco da Alameda de Pontevedra) fixo que o MARCO pensase neles para executar esta transformación. Un dos arquitectos deste estudo, Jose Valladares, explica que nós propuxemos crear un espazo que funcionase dunha maneira neutra, que dera pé a intervención do propio Michael Lin e que, ao mesmo tempo, tivera todas as características de confortabilidade, comodidade e de habitabilidade que ten o hotel. E, no medio estaba o MARCO, tratando de compaxinar as partes implicadas e, ao mesmo tempo, buscar patrocinios e colaboracións que permitisen materializar o proxecto. Hai patrocinios de todo tipo que, nestes tempos de crise económica, mudaron as achegas económicas por cuestións materiais que foron máis que viables explica o director do MARCO. Da man das necesidades arquitectónicas, empresas como María Martínez deseñaron mobiliario ex profeso para esta iniciativa. O arquitecto Jose Valladares explica que foi un proceso que pretendeu mimetizar esa idea do xeito máis fiel posible, sen esquecer que tiña que servir de base para a intervención artística de Michael. Collemos a normativa relativa a equipamentos hostaleiros en Galicia, buscamos todo o equipamento necesario para que se parecese o máis posible a unha habitación de hotel, puntualiza. O resultado é unha habitación diáfana, na liña de materiais do MARCO (escaiolas, madeira lacada en branco, moitos espazos diáfanos e cristal), con niveis de aillamento e de seguridade que o converten nunha singular habitación de hotel de 35 metros cadrados.
O proxecto artístico
Vaia por diante que a dimensión artística deste proxecto non se limita a ser meramente decorativo, senón que é tan importante como a propia mutación. Así de claro se explica Iñaki Martínez ao explicar unha iniciativa que pretende resaltar a visión práctica e utilitaria da arte contemporánea. Arte que se pode usar e gozar matiza, e que se sitúa nas teorías da estética relacional (concepto acuñado polo teórido Nicholas Bourriand para falar dun tipo de instalacións nas que a experiencia entre as persoas, a obra e a realidade conviven e definen o significado). Existen experiencias previas deste tipo de concepto en diferentes partes de Europa entre finais dos anos oitenta e principios dos noventa, pero das que Iñaki destaca unha que se fixo no Grand Palais de Paris cunha habitación e museo móbil no tellado pero que se baseaba nunha filosofía diferente. Segundo figura no propio sitio web do MARCO, esta iniciativa enténdese como lugar de intercambio social e como unha sorte de práctica artística que toma como punto teórico e práctico o todo das relacións humanas e o seu contexto social, como diría Bourriaud.
Desde a inauguración mañá ata o 18 de maio, coincidindo co Día Internacional dos Museos, o lugar estará aberto ao público no horario habitual como unha exposición máis. Será entón cando comezará o seu uso como cuarto de hotel, sexa dentro do programa de residencias ou para reservas de particulares (previo pagamento, cunha tarifa que rondará os 200 euros).
Á marxe do proxecto artístico que prima nesta iniciativa, Jose Valladares, ten claro que a percepción espacial inflúe no benestar dos que habitan ese espazo. Por iso, coa súa experiencia como arquitecto, pensa que pode ser un bo proxecto piloto para construír equipamentos destas características no que a arte deixe de ser empregado como elemento paisaxístico ou decorativo, para pasar a ocupar outros papeis prioritarios.