Antón Sobral celebra en Pontevedra e Marín cinco décadas de carreira

O artista presenta o catálogo 50 anos de creación, que está dispoñible na rede

10/11/2025 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: arte
3 lecturas | Compartido 0 veces

Capa do catálogo Antón Sobral. 50 anos de creación

A sede da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) en Pontevedra acolle este 10 de novembro un acto de homenaxe ao artista Antón Sobral. Co título Antón Sobral, 50 años de creación, o encontro celebra, a partir das 19 horas, as cinco décadas de traballo do pontevedrés a reunir amigos, artistas e representantes da cultura do país. A iniciativa incluirá unha proxección de imaxes históricas a repasar a súa traxectoria e contará cunha actuación do músico Óscar Ibáñez.
A seguir as conmemoracións por este medio século de carreira, Sobral inaugura o día 11 unha exposición retrospectiva no Museo Manuel Torres de Marín. A mostra combina textos do artista e das súas amizades con obras de arte para compor un retrato deste creador, ao xeito da exposición que xa se puido ver en Vigo.

A coincidir coa efeméride, o artista presenta o catálogo Sobral. 50 anos de creación, publicación que compila obras, reflexións e textos arredor do artista e que xa se pode consultar en liña.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Entidades