Diálogo Improbables confronta a Javier Núñez con Manuel Eirís

Unha campaña de crowdfunding busca financiamento para editar o catálogo

21/12/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedade
21 lecturas | Compartido 0 veces

Manuel Eirís. Once minutos y cuarenta y dos segundos patinando.

Javier Núñez Gasco(Salamanca, 1972) e Manuel Eirís (Santiago de Compostela, 1977) traballan en contexto moi diferenciados no eido da pintura e sen embargo, esta tarde a súa visión da arte dialogará no marco do proxecto Diálogos Improbables(Penatoares, 7. Lalín, 20:00 horas). María Marco (1979) fai de comisaria deste proxecto que permitirá coñecer a relevancia do público e do lugar en Núñez Gasco como a importancia que a memoria colectiva e as accións pasadas teñen en Eirís.

É a segunda acción de Diálogos Improbables, un proxecto que puxo en marcha Ángel Calvo (Lalín, 1984) con múltiples intencionalidades: recoñecer o traballo dos comisarios, desenvolver un proxecto nun contexto non habitual para a arte contemporánea e un formato fugaz, no que as exposicións abren e pechan no mesmo día. Ao ritmo dunha mostra bimensual, o proxecto durará un ano e conta cos seguintes nomes en cartel: Nacho Martín Silva, Vítor Mejuto, Julia Spínola, Rosendo Cid, Suso Fandiño, Fernando García, Carlos Rodríguez-Mendez e Mauro Cerqueira.

De xeito paralelo a esta segunda acción, ábrese unha campaña de crowdfunding que busca financiamento para poder realizar o catálogo deste proxecto que rematará en setembro de 2013.


Do mesmo ámbito

21/04/2009

Puntos de encontro (II)

O MARCO recolle a proposta de Manuel Eirís na súa reflexión sobre a cidade contemporánea

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Eirís, María Marco, Lalín, Santiago de Compostela...