Unha nova xeira de Diálogos Improbables chega a Lalín

Suso Fandiño e Fernando García encóntranse nunha acción efémera o día 7 ás 18 horas

6/9/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Este sábado 7, ás 18 horas, o Espazo NonLugar da Rúa Pena Toares, 7 en Lalín, acolle a quinta sesión dos Diálogos Improbables. Desta volta os creadores que contraporán os seus traballos serán Suso Fandiño e Fernando García. Os dous estarán acompañados pola comisaria Ane Agirre, que os entrevistará, reflexionará sobre o encontro e elaborará os textos sobre o mesmo que se incluirán no catálogo que resumirá o conxunto das accións do ciclo. Esta será a quinta das seis entregas do proxecto que se desenvolve na capital do Deza.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lalín, Suso Fandiño, Deza

Claves

Protagonistas
Lugares