Un baixo comercial (bautizado como Non lugar ) e nunha vila afastada dos circuítos artísticos actuais son os escenarios elexidos por Ángel Calvo para materializar unha proposta que se presenta como a antiexposición. Unha mostra que só estará aberta ao público no período de inauguración e cuxo resultado se fixará en forma de imaxes e textos nun catálogo. O diálogo da obra entre Teo Soriano, personalidade destacada no mundo da arte contemporánea, e Kepa Garraza son a primeira mostra das seis exposicións que se desenvolverán ao longo de 2013 e con.
Calvo volve deseñar un proxecto para a sua localidade natal, trala boa acollida de Un disparo de advertencia, aínda que con obxectivos e formatos completamente diferentes. Se antes eran os lugares públicos os que albergaban as intervencións artísticas, agora trasládase a actividade a un espazo pechado e privado cunha selección de obras preexistentes, no que asistimos ao exercicio da institucionalización da arte explica nunha nota de prensa.