Ten un pouco de todo: é un proxecto sustentable, concentra a seis creadores recoñecidos, propón intervencións efémeras nun espazo público, concertos, conferencias
e un titulo provocador. Un disparo de advertencia é un proxecto artístico ideado e promovido por Ángel Calvo (Lalín, 1984) que pretende converter diferentes espazos das rúas de Lalín (Pontevedra) na primeira fin de semana de setembro nunha gran acción cultural.
De noite, como se fóra unha acción criminal, pero a ollos de todo o mundo, seis artistas elaborarán cadansúa proposta artística en diferentes espazos das rúas de lalín. Será en lugares estraños como casas abandonadas que están ameazando con caer, lugares de difícil acceso, espazos deixados da man dos veciños pero sen alonxarse moito do casco urbán asegura Ángel Calvo, promotor desta idea que pretende evidenciar a forza revolucionaria que ten a creación artística. De aí Un disparo de advertencia etiqueta que agrupa unha intervención que arrincará no crepúsculo do venres 2 e que durante 48 horas englobará arte, reflexión e música.
De accións, misivas, impresións e outras balas de fogueo
Álvaro Negro, Jorge Perianes, Carlos Maciá, Amaya González Reyes, Miren Doiz e Misha Bies Golas son os artistas que participan neste encontro que, segundo Calvo, pretende afondar na dignificación dos espazos máis deixados, máis discriminados, eses aos que ninguén acudiría a tirar unha foto e, sobre o que os diferentes artistas buscarán o seu disparo de advertencia. Iso si, sabendo que é un golpe que ten caducidade e podería non ter un efecto devastador. As súas intervencións faranse de noite, nos seis lugares escollidos previamente polos artistas e á vista de todo o mundo. Queremos que a xente participe do propio proceso de creación, asegura o seu promotor dunha iniciativa que busca o contacto de primeira man co público.
Inicialmente, a proposta estaba composta por sete artistas, pero Alain Urrutia (Bilbao, 1981) recibiu unha bolsa de estudos que o levou a Beijing nestas datas. A distancia física non impediu a súa participación, denominada acción-misiva, e que se concreta na colocación dunha peza enviada desde China nunha das rúas lalinensas. Agás o creador vasco, o resto de participantes sentarase a unha mesa convocada pola comisaria Mónica Maneiro nunha das actividades programadas para a tarde do sábado(Pub Barriga Verde, sábado 19:00 horas). Será unha mesa redonda que servirá de reflexión sobre a actividade e os seus posibles efectos e terá lugar xusto despois de que o crítico e comisario David Barro, promotor de numerosas actividades arredor da arte contemporánea, ofreza unha conferencia para falar da arte e os proxectos sustentables.
Emulando ao sonado momento no que o finado Dennis Hopper tiroteou una das obras de Andy Warhol que posuía (vendida nunha proxa recente), Carlos Quintá disparará a súa bala de fogueo na tarde do sábado. Será coa súa reinterpreción da música que o acordeonista Marc Perrone compuxo para musicar o A propósito de Niza de Jean Vigo setenta anos despois da súa estrea. Será a banda sonora que anticipe o fin de festa, previsto en dous populares locais da movida lalinensa, previo ao desmontaxe das intervencións previstas para a tarde do domingo.
Un proxecto con múltiplos
Son este tipo de proxectos que se fan con máis ganas que cartos asegura o seu promotor. E acontece que son estes tempos convulsos para que iniciativas públicas e privadas se impliquen no financiamento de formatos atípicos de creación artística. Por iso, o equipo coordinado por Ángel Calvo repensou outras fórmulas para que a proposta, que xa se adiara unha vez, puidera formalizarse finalmente. Así naceron os Múltiplos, dez copias numeradas e cinco probas de autor, que elaboraron cada un dos artistas participantes e que se venden a un prezo simbólico (100 euros, con copia de autenticidade) e cuxa recaudación completa o financiamento deste proxecto. A falta dunha semana de que comece o proxecto están vendidos a metade dunhas obras e coa súa totalidade achegaranse os 6.000 euros que precisan para cubrir os gastos.
En principio nacemos coa intención de continuar desenvolvendo este proxecto outros anos, mesmo temos ideas de sección novas e variantes, pero sei que o formato dos múltiplos non vale para todas as edicións, e para iso precisamos financiamento público ou de empresas privadas asegura Ángel Calvo que ten claro que haberá que ver que pasa. De momento, as actividades programadas para a primeira fin de semana de setembro son o seu primeiro disparo de advertencia.
Múltiplos, obras de arte á venda.De noite, como se fóra unha acción criminal, pero a ollos de todo o mundo, seis artistas elaborarán cadansúa proposta artística en diferentes espazos das rúas de lalín. Será en lugares estraños como casas abandonadas que están ameazando con caer, lugares de difícil acceso, espazos deixados da man dos veciños pero sen alonxarse moito do casco urbán asegura Ángel Calvo, promotor desta idea que pretende evidenciar a forza revolucionaria que ten a creación artística. De aí Un disparo de advertencia etiqueta que agrupa unha intervención que arrincará no crepúsculo do venres 2 e que durante 48 horas englobará arte, reflexión e música.