As catro caras do muro

O lalinense Ángel Calvo comisaría unha exposición dentro do proxecto A3Bandas

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

A historia da arte está anegada de alusións aos muros. Como testemuño da memoria, como obstáculo físico e visual, mesmo como metáfora entre o público e o privado. Este elemento sérvelle a Ángel Calvo (Lalín, 1984) para establecer un novo diálogo con catro artistas. Son Teo Soriano(Mérida, 1963) , Rodríguez-Méndez(As Neves, 1968), Guillermo Pfaff(Barcelona, 1976) e Ian Waelder(Madrid, 1993). A súa aposta abriu as portas este sábado en Madrid no marco da Galería Louis 21 (Dr. Fourquet 1, Madrid). A iniciativa enmárcase dentro proxecto a3bandas, polo que galerías de arte madrileñas e barceloneses conviden a un comisario independnete a deseñar unha exposición ex profeso para os seus espazos con artistas non representados por eles.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Galerías de arte, Historia da Arte, Muros...