A forza do diálogo (forzado)

O Proxecto "Diálogos Improbables" buscou en Lalín o diálogo entre artistas e obras moi distintas

5/5/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Obra: Rodríguez Mendez. Permear.

Durante un ano, e cada dous meses, dous artistas con proxectos e identidades aparentemente incompatibles, confluíron nun pequeno espazo de Lalín (Pontevedra), durante un espazo non superior a dúas horas, esforzándose por establecer un diálogo aparentemente imposible. O comisario, Ángel Calvo Ulloa, trasladou a unha vila do interior algunha das grandes cuestións da arte contemporánea, nun proxecto de baixo custe e con financiamento colectivo.

Diálogos improbables estivo activo entre novembro de 2012 e novembro de 2013. Seis eventos, doce artistas e doce proxectos expositivos confrontados, pero só durante un mínimo tempo de dúas horas. Para complementar o traballo dos artistas, seis críticos dialogaron cos artistas e redactaron os textos do catálogo-fichas nos que hoxe podes acceder desde culturagalega.org.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

10/04/2014

As catro caras do muro

O lalinense Ángel Calvo comisaría unha exposición dentro do proxecto A3Bandas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lalín, Pontevedra, Ulloa, Culturagalega

Claves

Entidades