Julia Spínola e Rosendo Cid contrapoñen os seus proxectos en Lalín

Fai parte dunha nova entrega do proxecto artístico Diálogos Improbables

Teñen unha relación tan distinta co tempo que expor a obra de Julia Spínola (Madrid, 1979) e Rosendo Cid (Ourense, 1974) a un tempo pode ser considerado, en Ángel Calvo “un interesante encontro ou un erro estrepitoso”. Así o manifesta na nota de prensa na que dá conta dunha nova acción do proxecto Diálogos Improbables un proxecto de comisariado artístico que se desenvolve en Lalín desde o pasado outono. Nesta ocasión, a cita terá lugar o sábado 25 (Espazo NONLUGAR,Rúa de Pena Toares, 7 ás 18:00 horas).

A obra de Julia Spínola caracterízase por ser un traballo reflexivo e pausado que non garda relación alguha coa idea de ensamblaxe rápida que desenvolve a obra de Rosendo Cid. Con eles terá lugar unha nova actividade encadrada no proxecto Diálogos Improbables, que se caracteriza por ser unha exposición. Este diálogo só estará aberto ao público no período de inauguración e o resultado final de todas as accións se fixará en forma de imaxes e textos nun catálogo.