Ao longo de oito meses, outros tantos escritores visitarán a sala compostelá NUMAX para escribir cadanseu conto breve ao vivo. A sala acolle esta tarde, ás 20:00 horas, a presentación de Tac, Tac, Tac, unha proposta que comisaria Suso de Toro e que abrirá nesta mesma sesión Margarita Ledo. Os participantes na iniciativa, que nace co lema Un conto nun lugar nun lÃmite de tempo, escribirán a máquina uns textos que se exporán no propio espazo e só se poderán ler alÃ. Segundo explica Suso de Toro, "pódese corrixir con tÃpex ou tachar os erros e corrixir sobre o texto. É ben corrixir a man con lapis ou o que se queira sobre o texto mecanografado. As correccións son o sal que enriquece o texto primeiro".
O comisario sinala que Tac, Tac, Tac nace da súa propia experiencia como escritor, "alguén que vive nunha esfera de linguaxe confrontada coa vida e as súas continxencias fóra, no mundo. O mundo virtual da linguaxe en paralelo ao mundo experiencial" e quere "darlle unha volta á constatación de Walter Benjamin sobre a perda de aura da obra de arte no tempo da súa reprodutibilidade técnica e, tamén, sobre o valor e o poder da unicidade fronte as reproducións".