A Universidade de Vigo lanza unha Breve guía para mellorarmos o uso do galego

A obra está dispoñible na rede para a libre descarga

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A Universidade de Vigo lanza unha Breve guía para mellorarmos o uso do galego

A Área de Normalización Lingüística (ANL) acaba de publicar, en formato físico e mais na rede a Breve guía para mellorarmos o uso do galego. Esta obra, de 36 páxinas, quere contribuír a mellorar a calidade da lingua a corrixir os erros máis frecuentes atopados nos textos que día a día revisan nesta área.

Segundo explica Fernando Ramallo, director da ANL, "con este documento queremos seguir contribuíndo a superar esas eivas". Para isto, a obra estrutúrase nun primeiro apartado "centrado en cuestións ortográficas e gramaticais, que dá paso a un segundo que afonda en aspectos de redacción e estilo, para rematar cunha terceira parte titulada Para esquecermos na que se inclúe unha relación de preto de 60 palabras e expresións incorrectas e a súa forma corrixida".

Erros no uso do acento, nas siglas, no xénero, na colocación do pronome átono ou nas formas verbais preséntase na primeira parte, mentres a segunda aborda cuestións como "o uso da coma, do punto ou dos dous puntos, citas, títulos de obras e outros erros comúns, como a ausencia da linguaxe inclusiva, ou o exceso de nominalización ou o abuso da voz pasiva".

No derradeiro apartado da guía recóllese unha relación de 56 palabras e expresións incorrectas, pero de uso habitual, "como a nivel de, a partires de, aforo, búsqueda, conlevar, desenrolar, emprazar, listado, on line, plantexar, rasgo ou xeralizar, e as súas correspondes formas correctas".

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guía, Universidade de Vigo, Normalización Lingüística, Fernando Ramallo...