Galaxia presenta unha colección dedicada ao audiovisual

Unha historia do cinema en galego abre Pantallas

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Galaxia presenta unha colección dedicada ao audiovisual

A compostelá sala Numax acolle ás oito desta tarde a presentación de Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega. Este volume recolle textos de oito investigadoras que esculcan na relación do cinema galego con diversos aspectos da cultura. O conxunto, segundo recolle a presentación da obra "analiza o xeito no que se filmou a terra e a idea da terra no cine da emigración, tratando as distintas concepcións do cinema nacional-popular e lembrando a contribución do cinema militante e amateur ao debate en torno da lingua na que debían ser rodadas as películas. O volume supón a primeira entrega da colección Pantallas unha nova proposta conxunta do Grupo de Estudos Audiovisuais e a Editorial Galaxia baixo a coordinación de Margarita Ledo Andión que se dedicará a publicar textos sobre o cinema na nosa lingua.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Margarita Ledo Andión, Paisaxe, Lingua galega...