Zas acolle o I Encontro Atlántico de Festivais de Cinema

A coordinadora Proxecta organiza esta actividade o vindeiro 7 de agosto

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Zas acolle o I Encontro Atlántico de Festivais de Cinema

A vila de Zas convértese este sete de agosto na capital do audiovisual galego. A Coordinadora Galega de Festivais de Cinema Proxecta organiza nesta localidade o I Encontro Atlántico de Festivais de Cinema, unha cita que pretende "crear un espazo relacional que inclúa outras áreas do sector audiovisual, facilitando o debate e a reflexión conxunta entre representantes de festivais de cinema, cineastas e profesionais da industria".

A iniciativa comezará ás 11:30 co acto de inauguración, ao que seguirá unha conversa entre cineastas e profesionais da programación en festivais co título "Para que serven os festivais de cinema?". Durante a tarde está prevista unha visita ás Torres do Allo, e a partir das 19:30 o Auditorio Municipal amosará unha selección de pezas programadas no festival local dos Premios Fouciño.

A seguir, poderá verse unha selección de curtas, incluíndo traballos de cineastas galegas como Anxo Fazáns, Andrea de la Iglesia, Xacio Baño ou Oscar Pardo Cartelle. A Praza do Campo fechará a xornada coa proxección ao aire libre de O corno de Jaione Camborda.

Segundo apunta a organización do encontro "a través desta actividade, os representantes de certames poderán coñecer a percepción dos cineastas sobre os seus eventos e comprender mellor como inflúen ás súas traxectorias. Pola súa parte, os cineastas terán a oportunidade de entender as dinámicas de traballo dos festivais, incluíndo o procesos de selección de obras".

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Atlántico, Jaione Camborda, Xacio Baño...

Claves

Conceptos
Lugares