Proxecta, a Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, que agrupa a 19 certames das catro provincias, ven de facer público un comunicado no que denuncia o que considera "déficit histórico da Xunta de Galicia no reparto de fondos públicos para o sector". A asociación entra deste xeito a achegar a súa perspectiva e defender os seus intereses nun debate que acadou interese polÃtico a través dunha iniciativa presentada a pasada semana polo grupo socialista no Parlamento Galego na que sinalan ás axudas directas en forma de convenio do Goberno galego a determinados certames como o Ourense Film Festival máis aló das axudas concedidas por concorrencia competitiva. Desde Proxecta reclaman que se poña fin ao que consideran "unha anomalÃa que atenta contra o principio de igualdade".
O colectivo reclama que se destine ao sector un 10% dos fondos das axudas directas ao cinema e ao audiovisual da AGADIC, asà como tamén que se teña en conta ao colectivo nas novas accións e investimentos que o Goberno galego realice en materia audiovisual. Asà mesmo, solicitan que a Xunta de Galicia dea a coñecer o conxunto e contÃa das subvencións nominativas achegadas a certames de cinema e "rematar cunha práctica que semella inaceptable", aseguran. Desde a Coordinadora Galega de Festivais de Cinema piden tamén que a Xunta cumpra coa solicitude acordada por unanimidade dos tres grupos parlamentarios o pasado mes de xullo para realizar un estudo de impacto económico dos festivais de cinema e audiovisual.
A voltas co OUFF
Desde Proxecta inciden sobre as comentadas axudas por convenio nominal recibidas para a realización do Ourense Film Festival en 2021. Se ben o PSdG afirmaba que a cantidade recibide dese xeito desde o goberno galego era de 60.000 euros da Agadic e preto de 385.000 euros da Axencia Galega de Turismo, a Fundación Carlos Velo, organizadora do evento saÃa a desmentir estes datos. Nun comunicado propio o OUFF asegurou que eses 385.000 euros correspondÃan ao orzamento total daquel ano e que as axudas por convenio desde Turismo foron de 100.000 euros en total, mentres no caso do convenio subscrito coa Axencia Galega das Industrias Culturais en 2021 para a 26ª edición do festival, a cantidade foi de 60.000 euros segundo a organizadora do festival.
Para o colectivo Proxecta, aÃnda asumindo esta corrección dos datos presentados polo grupo socialista no Parlamento, o feito de que a cantidade para este único festival a través desta ferramenta de concesión directa sexa de máis de 150.000 euros en achegas crea un agravio comparativo xa que esta cantidade representa "case o 70% do que aporta a Xunta de Galicia para o conxunto dos festivais en axudas en concorrencia competitiva". O colectivo de festivais lembra ademais que nas bases da concorrencia competitiva, cada festival que se presente só poderá solicitar unha axuda dun máximo de 45.000 euros, o que segundo eles crea "aÃnda un maior agravio con este convenio". Proxecta sinala que o sector dos festivais audiovisuais percibiu só 225.000 euros neste 2023, unha cantidade por debaixo do que se achegaba hai quince anos, que ascendÃa a 300.000 euros, con menor número de festivais, aseguran. Para esta asociación a cantidade achegada pola Xunta "é proporcionalmente moi inferior ao que dedican hoxe outras administracións como as deputacións ou mesmo os concellos". Desde Proxecta aseguran que os certames englobados na Coordinadora sumaron o ano pasado máis de 150.000 espectadores e xeraron un impacto de máis de 1,7 millóns de euros investidos.