A Coordinadora Galega de Festivais de Cinema de Galicia, Proxecta, que agrupa a 16 certames cinematográficos das catro provincias, recibiu "con indignación" o novo Plan de Reactivación da Cultura preparado pola Xunta con motivo da crise xerada pola COVID-19. Asà o fixo público a asociación a través dun comunicado expresando a súa postura abertamente crÃtica na que afirman que despois de semanas de conversas coa ConsellerÃa de Cultura, o director de AGADIC, Jacobo Sutil, comprometérase con Proxecta a un plan global de apoio especÃfico de axuda aos festivais, dotado con 100.000 euros, que se achegarÃan a través do programa Xacobeo 2021. Ademais desta axuda adicional eliminada, os festivais de cinema viven na incerteza mentres agardan tamén pola resolución da liña de axudas a festivais de cine e audiovisual correspondente a 2020, cuxo proceso administrativo tivo que ser paralizado por mor da crise da Covid-19. Trátase dunha dotación global de 190.000 euros que deberá repartirse entre os máis de 20 certames que se presentan a esta concorrencia competitiva.
Para a Coordinadora a Xunta de Galicia amosa "escasa consideración" cara os festivais de cinema xa que, segundo eles, o Plan de Reactivación da Cultura Galega difundido polo administración autonómica "é un documento de 71 páxinas de supostas propostas, no que só hai dúas liñas escritas con referencia aos festivais de cinema". Proxecta trasladou unha carta a Xunta de Galicia, demandando activar sen demora, a resolución das axudas anuais e a rectificación do Plan de Reactivación da Cultura, para incluÃr os compromisos de achega do Xacobeo 21 aos que, segundo eles, se comprometeu o director de AGADIC, Jacobo Sutil nas súas reunións.
As medidas concretas do Plan de Reactivación da Cultura presentaranse hoxe ás 17 horas nun encontro virtual, aberto á inscrición. O encontro pretende "achegar información de primeira man sobre as principais medidas de choque, e resolver as dúbidas ou consultas que esta iniciativa poida xerar". O conselleiro de Cultura e Turismo, Román RodrÃguez; o director do IGAPE, Juan Manuel Cividanes Roger, o director xeral de PolÃticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, o director de AGADIC, Jacobo Sutil e o secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica, D. ValentÃn GarcÃa participarán no encontro.
Proxecta acadou recentemente un compromiso de apoio da Deputación de Pontevedra aos festivais que se celebran nesa provincia, tras reunirse virtualmente coa Presidenta do ente provincial, Carmela Silva. A creación dunha marca que os promociones de xeito conxunto asà como maior flexibilización das bases das axudas foron algúns dos anuncios dese encontro. Amais diso, Silva afirmou que a institución poderá realizar o anticipo do 50% das axudas que se soliciten, e que no caso de que algún dos festivais non se poda facer será a Deputación quen financie os gastos feitos.