A Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia ven de facer pública a resolución de adxudicación da convocatoria de subvencións a festivais audiovisuais de 2022, pola que distribuirá 210.000 euros entre 11 certames de toda GaliciaRespecto á convocatorio anterior aumenta o orzamento desta liña de axudas (10.000 euros máis que en 2021) e repártese finalmente entre menos eventos, xa que o pasado ano foron catorce os beneficiados. O Play-Doc de Tui, que celebra a súa décimo oitava edición esta semana, do 4 ao 8 de maio conta cunha axuda de 38.473 euros a través desta liña de apoio.
Xunto co evento tudense, tamén son adxudicatarios da convocatoria deste ano (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña (40.000 euros), Festival Internacional de Cinema CurtocircuÃto de Santiago de Compostela (32.688 euros), Festival de Cans de Curtametraxes, no Porriño (31.000 euros), Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (17.201 euros), Festival Carballo Interplay (16.678 euros), Intersección-Festival de Arte Audiovisual Contemporánea, na Coruña (11.411 euros), Novos Cinemas-Festival Internacional de Cinema de Pontevedra (8772 euros), MICE Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela (8594 euros), Festival de Cine Inclusivo, en Vigo (3093 euros) e Galician Freaky Film Festival, tamén en Vigo (2087 euros).
Estreas galegas en Play-Doc
Este ano, o festival de Tui ofrecerá unha ampla selección da produción galega máis recente, con 14 tÃtulos de cineastas de recoñecido prestixio internacional e tamén de novos nomes. Entre eles, os últimos traballos, en estrea oficial en Galicia, de Lois Patiño (O sembrador de estrelas), Diana Toucedo (Tatuado nos ollos levamos o pouso), Carla Andrade (Ningún rÃo me protexe de min), Andrés Goteira (Welcome to ma maison), LucÃa Estévez (O niño dos paxaros), David Varela (Un ceo impasible), Nerea Barros (Memoria) ou David Vázquez (O último de Arganeo). Tamén se poderán ver as fitas máis recentes de Oliver Laxe, Enar de Dios e Simone G. Saibene, asà como O que queda, de Alejandro RodrÃguez, e O ceo é azul cunha soa nube, de Fernando Areal, que terán en Play-Doc a súa estrea mundial. Fóra de competición, Play-Doc proxectará na súa sesión inaugural con Sycorax, de Lois Patiño e Matias Piñeiro, que chega a Galicia despois da súa estrea na Quincena de Realizadores do Festival Internacional de Cinema de Cannes.´
Esta décimo oitava edición ofrecerá tamén catro retrospectivas inéditas en España de Helke Misselwitz, Danny Lyon, Richard P. Rogers e do cineasta portugués Antonio Campos, esta última en colaboración co Filmoteca de Galicia e a Cinemateca Portuguesa-Museu do Cinema. Ademais, o nortamericano Bruce Weber volve elixir a cita tudense para a estrea española da súa pelÃcula máis recente, The Treasure of His Youth: The Photographs of Paolo Di Paolo. Como en anos anteriores, o programa inclúe, asà mesmo, as competicións internacionais de longametraxes e curtas, xunto cunha nova entrega da sección Cinema Percorrido, desta volta dedicada á danza, e outra serie de actividades complementarias como mesas en liña ou os concertos de Niño de Elche e a banda galega NACHO • FAIA • LAR.