'O século do milagre' gaña o premio Ciudad de Carlet

O galardón valenciano designa a obra de Rodrigo Costoya como mellor narración histórica do 2025

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
'O século do milagre' gaña o premio Ciudad de Carlet

A novela de Rodrigo Costoya 'O século do milagre. A consagración de Compostela' (Ed. Pamiés, 2025), que recrea a orixe da capital galega e do camiño de Santiago; protagonizada polo arcebispo Xelmírez, ven de alzarse co premio Rafaguillo Ciudad de Carlet, cuxo xurado recoñece a mellor obra de narrativa histórica do ano. A obra do escritor santiagués, publicada de xeito simultáneo en galego e castelán, resultou premiada entre as sesenta novelas históricas máis destacadas de todas as que se publicaron no último ano en España. A entrega do premio terá lugar en marzo, no marco das Xornadas de Novela Histórica Cidade de Carlet, en Valencia. Alí, Rodrigo Costoya —que xa foi gañador do Certame Internacional de Novela Histórica de Úbeda en 2020— recibirá o galardón. A publicación xa alcanzou a súa segunda edición en galego, e cultivou un gran éxito de crítica e público, tanto no idioma propio de Galicia como en castelán.

Que che parece esta nova?
125 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rodrigo Costoya, Valencia, Camiño de Santiago, Narrativa...