Os vindeiros 26 e 27 de setembro Santiago acollerá a primeira edición das Xornadas de divulgación e narrativa 'Compostela Histórica'. Escritores do xénero como Pedro Feijoo ou Christian Gálvez, ademais do músico Bieito Romero e a arqueólogo Lidia Merenciano son algúns dos conferenciantes que participarán. O evento é aberto ao público en xeral, a estudantes e ao profesorado de Galicia e xa poden comezar a inscribirse nas actividades e charlas no sitio web oficial do evento. As xornadas, dirixidas polo tamén escritor de narrativa histórica Rodrigo Costoya, teñen como principal finalidade sacar á luz algúns dos aspectos menos coñecidos da historia de Galicia.
As xornadas nacen tamén cun palmarés propio e outorgarán un premio individual e outro a un colectivo como recoñecemento a unha traxectoria en prol da divulgación e defensa da historia e a cultura de Galicia. Nesta edición inaugural, a distinción persoal recae sobre o xornalista e divulgador Manuel Gago, mentres que a entidade recoñecida será a Casa Museo de Cristóbal Colón, situada no municipio pontevedrés de Poio. O departamento de Lingua da ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude colabora nesta actividade xunto co Centro Autonómico de Formación e Innovación e o instituto RosalÃa de Castro, de Santiago de Compostela.
Doce relatores en dous dÃas
As xornadas contan coa participación de relatores como Bieito Romero, fundador e lÃder de Luar na Lubre, para divulgar os seus coñecementos sobre a música celta ou de Merche Espiño, mestra e investigadora que afondará sobre a etapa persoal e creativa de RosalÃa de Castro en Santiago. Outra das conferencias correrá a cargo do escritor Pedro Feijoo. O autor de Os fillos do mar fará repaso falgúns dos episodios máis salientables de Galicia que adoita abordar tamén nas súas obras, mentres que a novelista Carmen Blanco dará a coñecer detalles descoñecidos sobre a Revolta Irmandiña.Pola súa banda, Julio RodrÃguez, presidente da Federación Española de Asociacións de Profesoras-es de Matemáticas, guiará o público no paseo Unha ollada matemática sobre os monumentos de Compostela; e Alejandro e LuÃs PaadÃn, autores da GuÃa dos viños de Galicia, percorrerán momentos imprescindibles da nosa historia a través da cultura do viño.
Christian Gálvez, novelista e comunicador, quen se ten documentado sobre a vida dos apóstolos para abordarla con profundidade na súa última novela, 'Te he llamado por tu nombre'. Completa as xornadas a conferencia de Lidia Merenciano, arqueóloga e divulgadora, quen descubrirá algún dos achados arqueolóxicos máis importantes dos últimos tempos, tal e como adoita a facer nas súas contas de redes sociais, seguidas por máis de medio millón de persoas. Ademais, Fernando Patricio, escritor e presidente da Asociación Naufraxios galegos, ilustrará os principais accidentes mariños acontecidos na nosa Comunidade, mentres que Xosé Iglesias, mariñeiro, artista plástico e poeta, establecerá vencellos entre a súa poesÃa coa historia dos mariñeiros galegos. Por último, completará este programa, o escritor canario José Zoilo, autor da triloxÃa 'Las cenizas de Hispania', quen disertará sobre a caÃda da Gallaecia romana.