Marilar Aleixandre gaña o Premio Blanco Amor de novela

Domingo Villar faise co Ciudad de Santa Cruz de Novela Criminal

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A profesora da USC e escritora Marilar Aleixandre fíxose co premio de novela Blanco Amor coa obra As malas mulleres, unha historia ambientada na prisión de mulleres da Coruña no século XIX e protagonizada pola filla dunha lavandeira chamada Sisca. Na novela tamén é posible coñecer a personaxes históricas como Concepción Arenal, Juana de Vega e Pepa a Loba. O xurado destacou "o traballo das chamadas visitadoras de cárceres e as súas ideas progresistas e pioneiras" e a incorporación de "elementos poéticos" ao relato. O premio, convocado pola Deputación de Ourense, está dotado con 15.000 euros. Pola súa banda, El último barco de Domingo Villar (en galego, O último barco publicada por Galaxia) fíxose co Premio Ciudad de Santa Cruz de Novela Criminal, que entrega Tenerife Noir para a "mellor novela negra publicada en castelán" durante o ano previo ao evento.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marilar Aleixandre, Domingo Villar, Mulleres, Concepción Arenal...