Alberto Ramos faise co Premio García Barros de novela

María Reimóndez álzase co Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia

18/7/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura

Máscaras rotas para Sebastian Nell é o título da obra coa que o xornalista e escritor Alberto Ramos se impuxo XXVI edición do premio de novela Manuel García Barros. A novela preséntase como a transcrición dunha entrevista ao actor Sebastian Nell por parte dunha xornalista na cal se percorre a historia do Reino Unido durante boa parte do século XX e se perfilam coidadosamente os personaxes. Ademais dos 9.000 euros con que está dotado o premio, Ramos verá publicada a súa obra o vindeiro outono da man de Galaxia.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións
Compartir:

En paralelo, onte coñecíase o fallo do xurado do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. María Reimóndez alzouse co galardón, dotado con 6.000 euros coa súa obra A dúbida. O texto, que narra unha historia de sospeitas na que as acusacións de abusos sexuais se mesturan con intrigas políticas, poderá lerse dividido en 31 entregas no xornal.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alberto Ramos, María Reimóndez, La Voz de Galicia, Manuel García Barros...