Ignacio Vidal Portabales faise co premio García Barros de novela

Está dotado con 9.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Ignacio Vidal Portabales (Santiago, 1958) é o autor de As horas dunha illa remota, a novela coa que se fixo coa XXXIV edición do premio de novela Manuel García Barros, convoocado polo concello da Estrada e dotado con 9.000 euros e que editará a Editorial Galaxia. O xurado destacou da novela "o coidado na caracterización dos dous personaxes protagonistas, dúas irmás que viven as sombras dunha infancia difícil en Colombia que proxectan o seu ronsel no presente adulto de ambas na súa Galicia de orixe". A obra lévanos a unha "intensa prospección psicolóxica" das súas personaxes. Ignacio Vidal Portabales é profesor titular de Dereito Mercantil na Facultade de Ciencias Económicas e autor literario con varios premios no seu curriculum.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ignacio Vidal Portabales, Manuel García Barros, Manuel García, Concello da Estrada...