Ignacio Vidal Portabales gaña o XXX Premio Blanco Amor

Dióxenes en Dolorida reportoulle os 12.000 euros de premio

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Coa súa primeira novela en galego, Dióxenes en Dolorida, Ignacio Vidal Portabales acaba de se facer co Premio de Novela Longa Blanco Amor. O Concello de Fene facía pública esta mañá a resolución do xurado, que salienta a "estrutura e estilo áxil e directo, o emprego de diferentes voces narrativas e do humor como elemento condutor e a recreación dun ambiente a medio camiño entre o real e o paródico" entre outras cuestións. O autor, profesor titular de Dereito Mercantil na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, recibirá 12.000 euros de premio nunha gala que se celebrará mañá a partir das 21 horas no local da Sociedade Agarimo de Sillobre.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ignacio Vidal Portabales, Humor, Universidade de Santiago de Compostela, Concello de Fene