Xesús Fraga. FotografÃa de Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga)
A Deputación de Ourense daba a coñecer este sábado o fallo do XXVIII Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor, o máis dotado economicamente da narrativa galega. O xurado seleccionou a novela Virtudes e misterios, do betanceiro Xesús Fraga entre as 23 que se presentaron a esta xeira do certame e outorgáronlle o galardón que consiste nunha escultura de Acisclo Manzano e 15.000 euros en metálico. A entrega do premio desenvolverase o vindeiro 30 de novembro nunha cea literaria organizada pola Fundación Blanco Amor no Liceo do Ourense.