Manuel Portas gañou o XXVII Premio Blanco Amor de novela longa

Por puntos impúxose entre as vinte e catro obras que concorreron ao certame

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O escritor compostelán Manuel Portas foi o vencedor do XXVII Premio Blanco Amor de novela longa que organiza a Deputación de Ourense en colaboración coa Fundación Eduardo Blanco Amor. O galardón, dotado con 15.000 euros e unha escultura de Acisclo Manzano, recoñeceu a súa obra Por puntos entre as 24 que se presentaron ao certame. O xurado, destacou a "calidade narrativa" dunha novela "de interese para calquera tipo de lector, que recrea unha galería de personaxes interactuando nun contexto actual e urbano". Ademais, no fallo destácase que "a variedade de rexistros lingüísticos desta obra singulariza ás persoas que interveñen no relato e achega forza expresiva e autenticidade á novela". O premio entregouse en Ourense o pasado 1 de decembro.

Que che parece esta nova?
111 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Portas, Acisclo Manzano, Galería, Narrativa...