Xavier Queipo resulta gañador do XXXIV Premio Blanco Amor de Novela

Impúxose con Os Kowa no certame da Deputación de Ourense

30/11/2015 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
2 lecturas | Compartido 0 veces

Xavier Queipo. Fotografía de Cé Tomé. AELG

A XXXIV Edición do Premio Blanco Amor de novela longa ten o novelista Xavier Queipo como gañador. O xurado deste certame, cuxa convocatoria asume a Deputación de Ourense desde 2014, seleccionou a novela Os Kowa como vencedora, a lle outorgar os 12.000 euros en metálico e a escultura de Acisclo Manzano cos que está dotado o galardón. Segundo Malores Villanueva, secretaria do xurado, a obra de Queipo é "unha historia trepidante que se desenvolve entre Europa e a Amazonia cun trasfondo de diálogo de identidades culturais de respecto pola diversidade e pola natureza. Está narrada con brillante oficio e dela destaca a súa calidade". Canda a ela, participaron na elección Luis González Tosar, Bieito Iglesias, e os críticos literarios Armando Requeixo e Francisco Martínez Bouzas. A entrega do galardón celebrarase o 1 de decembro nun acto literario en Ourense.

Universo culturagalega.gal