María Rei Vilas Faise co García Barros cunha novela sobre a recuperación das orixes familiares

O galardón está dotado con 9000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O venres fallouse o trixésimo primeira edición do Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades), convocado polo concello da Estrada. A gañadora foi a novela Flores de ferro de María Rei Vilas. Segundo o xurado, na novela "a protagonista, Camila, volve ás terras da infancia para pescudar nas orixes familiares e recuperar un período mediatizado polo pai. Alí ten que recompoñer a súa identidade, á vez que afronta desde o presente dos anos 80, a etapa da Guerra Civil. A orixinalidade radica tanto na estrutura narrativa ambiciosa que acompaña o crebacabezas persoal; coma na dosificación da intriga que anima a lectura. Así mesmo, destaca o protagonismo das mulleres como vítimas silenciadas, mais tamén como axentes que se enfrontan ao novo réxime". A edición 2020 do García Barros está dotado con 9.000 euros e a novela será editada o vindeiro outono na Editorial Galaxia.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Rei Vilas, Manuel García, Manuel García Barros, Narrativa...