O escritor Rodrigo Costoya Santos (1977), nacido en Cantabria de pais galegos e residente en Santiago, ven de gañar o prestixioso IX Premio de Novela Histórica Ciudad de Úbeda coa súa novela Misarela (Allà donde quemen los libros), escrita orixinalmente en galego e posteriormente traducida polo autor á versión en castelán que foi a elexida polo xurado deste certame. Anteriormente a versión orixinal da obra en galego conseguira estar entre as finalistas do Premio Torrente Ballester da Deputación da Coruña no ano 2018. En Misarela Costoya narra como na segunda metade do século XV a chegada dun misterioso cargamento vai alterar de forma irreversible a vida tranquila dun pequeno mosteiro. O xurado destacou da obra o feito de ser unha novela chea de matices cunha grande calidade literaria por parte do autor e na que aprecian unha intensa investigación histórica o que levou a outorgarlle o premio de 10.000€, ademais da publicación da obra en castelán na colección "Histórica" de Ediciones Pà mies. Rodrigo Costoya, proifesor de ensino medio no IES RosalÃa de Castro estreouse na narrativa con outra novela histórica, Portosanto, sobre as orixes de Cristóbal Colón, que foi publicada orixinalmente en galego en 2017 na editorial Toxosoutos. A publicación de Misarela na súa versión orixinal en galego aÃnda está por concretarse.