A novela 900 de Xabier López (Bergondo, 1974) resultou a escollida polo xurado da XXXª edición do Premio Torrente Ballester na modalidade de narrativa en lingua galega. A obra, presentada baixo o lema de "Casa Tomada" (unha referencia a un relato de Julio Cortázar), é unha novela que supera as 500 páxinas, da que o xurado destaca que se trata dunha "novela rÃo dunha saga familiar narrada con intelixencia, ironÃa e mesmo humor". Define tamén a través do fallo a obra presentada por Xabier López como unha "novela sagaz, cervantina que percorre a historia de Galiza e Europa desde o século XIX até mediados até a posguerra de mediados do pasado século". O autor recibirá un premio de 25.000 €, a maior dotación da literatura na lingua propia.
O escritor Xabier López naceu en Bergondo (1974) e reside no concello de Betanzos. Licenciado en Dereito, o autor conta cunha ampla e recoñecida traxectoria literaria centrada de maneira especial na novela aÃnda que tamén visitou o relato e o conto infantil. O Torrente Ballester da Deputación da Coruña, do que o autor fora xa finalista en 2007, súmase á ampla relación de premios recibidos por Xabier López entre os que se atopan o Risco de Literatura Fantástica, o Manuel Lueiro Rey de novela curta, o GarcÃa Barros, o Premio Xerais de Novela, o Frei MartÃn Sarmiento, ou o Fervenzas Literarias.