patrimoniogalego.net presenta una app para explorar "as paisaxes culturais de Galicia"

Integra 620.000 bens materiais e inmateriais de diferentes fontes

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Capturas de pantalla da app

Capturas de pantalla da app

A plataforma social patrimoniogalego.net, unha ferramenta colaborativa de catalogación do patrimonio cultural, publicou hoxe una aplicación web destinada á "exploración das paisaxes culturais de Galicia". Trátase dunha web optimizada para teléfonos móbiles que permite visualizar sobre o territorio os bens culturais subidos á plataforma polos usuarios que participan no proxecto, e que suman ao redor de 14.000 recursos que van desde sitios arqueolóxicos ata etnográficos. Para "engadir contexto", a app sumou o Inventario do Patrimonio Cultural de Galicia, da Xunta, e a capa de microtoponimia procedente do proxecto Galicia nomeada, da Real Academia Galega e tamén a Xunta de Galicia. En total, o usuario ten acceso a 620.000 recursos de patrimonio material e inmaterial. O proxecto compleméntase con diferentes ferramentas para que o usuario poida visualizar o patrimonio na súa contorna, como un modo de realidade aumentada ou ferramentas de intelixencia artificial para interpretar a paisaxe da contorna. O acceso á app é gratuíto.

Que che parece esta nova?
130 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Paisaxe, Intelixencia Artificial, Real Academia Galega, Xunta de Galicia