patrimoniogalego.net acada as primeiras 1000 fichas catalogadas de bens culturais

A plataforma social creouse en maio de 2011

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

patrimoniogalego.net, a rede social do patrimonio cultural galego, acadou onte pola noite os 1000 bens culturais catalogados. O ben número 1000 foi o cruceiro de Lanzán, na parroquia de Tardade, en Vilalba, publicado polo catalogador Xandlinarthy. O catálogo está desenvolvido de xeito altruísta por un grupo de profesionais e afeccionados vinculados ao patrimonio cultura galego, e comprende todo tipo de bens, desde ruínas arqueolóxicas ata pazos, mosteiros, igrexas fábricas antigas e patrimonio etnográfico. Deste xeito, patrimoniogalego.net convértese nun dos catálogos de bens culturais con información pública máis amplo do Estado. Os promotores de patrimoniogalego.net destacan a consolidación do proxecto.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vilalba

Claves

Lugares