
O ben cultural máis catalogado, con diferencia, son os cruceiros, con xa case 2.200 catalogados por todo o paÃs, seguidos das igrexas (1706), os petróglifos (1100 ) e os castros (842). A lista complétase con bens como ermidas, muÃños, monumentos megalÃticos, petos de ánimas ou pazos entre as categorÃas máis representadas.
As cidades da provincia de Pontevedra reúnen un gran número de bens catalogados, sendo a capital da provincia con 349 e Vigo con 333 os municipios con maior densidade de información. Entre os concellos do rural e das vilas, cómpre destacar a catalogación de Baños de Molgas, Ponteareas e Muros.
Patrimoniogalego.net foi creado polo xornalista Manuel Gago en 2011 co obxectivo de crear unha plataforma na que facer visible o patrimonio cultural inmoble de Galicia a partir do traballo colaborativo de cidadáns que xeolocalizan e describen os diferentes bens culturais.