patrimoniogalego.net acada os 3000 bens catalogados

O proxecto só ten dous anos de vida

4/3/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A igrexa mosteiral de San Salvador de Villaza, en Monterrei, foi o ben número 3000 de patrimoniogalego.net. O seu autor é Xabier Moure, un novo catalogador que nos últimos meses está introducindo un inxente número de fichas de bens culturais e que se suma aos outros catalogadores que superan o cento de bens inventariados. patrimoniogalego.net é unha comunidade de cidadáns que están a crear un patrimonio colectivo que permita coñecer a estensión de bens culturais protexidos en Galicia, no que calquera pode participar engadindo bens, localizándoos e dando conta do seu estado de conservación.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xabier Moure, Monterrei

Claves

Protagonistas
Lugares