patrimoniogalego.net acada os 10.000 bens catalogados

O proxecto naceu en 2011

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Petróglifo "Laxe da Presiña" (Gondomar, Pontevedra). Foto: Óscar Franco / patrimoniogalego.net

Petróglifo "Laxe da Presiña" (Gondomar, Pontevedra). Foto: Óscar Franco / patrimoniogalego.net

Un petróglifo de Gondomar, a Laxe da Presiña, catalogada por Óscar Franco, é o ben cultural galego número 10.000 catalogado en patrimoniogalego.net. Esta web, nacida en 2011 para paliar a deficiente información pública sobre o patrimonio cultural galego, realízase de maneira altruísta por amadores e profesionais do patrimonio cultural, xeolocalizando e achegando información básica sobre todo tipo de bens culturais inmobles, desde sitios arqueolóxicos ata elementos etnográficos como fontes ou lavadoiros. Desde o proxecto salientan a relevancia do feito, xa que se trata dun proxecto sen financiamento, sen ánimo de lucro e sostido a partir do traballo particular de numerosas persoas, e estiman que foron precisos percorrer máis de 200.000 quilómetros dentro de Galicia para conseguir toda esta información. O contador de bens de patrimoniogalego.net xa sinala unha nova meta: os 15.000 elementos xeolocalizados. Desde o web anuncian accións e actividades conmemorativas nos vindeiros meses.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Claves