Catro entidades sectoriais manifestan "malestar" por non seren incluídas na xuntanza da Xunta co sector audiovisual

Remiten un comunicado alertando do "prexuízo que supón non contar cos traballadores da creación"

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Xuntanza do pasado día 14 do xullo con tres entidades do audiovisual galego. Foto: Xunta

Xuntanza do pasado día 14 do xullo con tres entidades do audiovisual galego. Foto: Xunta

Catro entidades gremiais vinculadas ao sector audiovisual galego denunciaron a través dun comunicado seren excuídas da xuntanza que mantivo o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, co sector audiovisual galego o pasado 14 de xullo. Trátanse da Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), a Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización (CREA), a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) e a Coordinadora Galega de Festivais de Cinema Proxecta. Estas entidades aseguran "aglutinar a preto de 600 profesionais da escrita, dirección, interpretación e do ámbito dos festivais e mostras de cinema" e sinalan que tiveron coñecemento da xuntanza pola nota de prensa posterior da Xunta. Estas entidades "alertan do prexuízo que pode supor unha análise do presente e do futuro dun sector sen contar coa opinión dos traballadores da creación". En concreto, as entidades sinalan como temas da axenda audiovisual do momento a aprobación de preto de 15 millóns de euros entre as comunidades autónomas para o desenvolvemento de proxectos e escrita de guións, a Lei de Ensinanzara Artísticas e do Estatuto do Artista ou a produción de ficción na TVG, entre outras cuestións. Na xuntanza do presidente galego participaron a Academia Galega do Audiovisual, o Clúster Audiovisual Galego e Agapi.

Que che parece esta nova?
97 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, AAAG, Asociación Sindical Galega de Guionistas, Clúster Audiovisual Galego...