Alén das tres categorÃas coas que se inaugurou o certame en 2012, este ano engaden á sección oficial unha nova sección, a de cinema infantil. A II edición de Primavera do Cinema botou a andar coa presentación das bases e da estrutura deste certame ao que se poderán presentar as obras realizadas en Galicia ou por galegos. Alén da sección oficial, haberá unha Mostra de Cine Xuvenil, para producións realizadas por adolescentes, e Foros de debate nos que analizará a situación do cinema galego e as dificultades para a súa distribución. O II Festival Primavera do Cinema celebrarase en Vigo do 29 de maio ao 2 de xuño.