
No programa, como é habitual, haberá seccións para producións galegas e lusófonas e poderán verse longametraxes como Trinta Lumes, de Diana Toucedo, Dhogs, de Andrés Goteira, A historia dun satélite, das AlsoSisters ou A fábrica de nada, de Pedro Pinho canda a curtas como Matria de Álvaro Gago, La mujer invisible, de Noemí Chantada ou Aysha, de Fon Cortizo.
A organización entregoulle na gala inaugural a Mención de Honra do Festival á produtora Chelo Loureiro, a recoñecer "o seu rol coma profesional de gran experiencia, a súa loita feminista desde a CIMA e terse convertido na gran dama da animación galega ó teren defendido desde sempre o seu recoñecemento coma un xeito máis de facer cine, equiparando o seu valor ó resto de producións" ao tempo que valorou "o apoio que ofrece ós novos creadores galegos e o seu constante empeño por evitar a fuga de artistas a outros países".