Nace en Vigo un novo festival cinematográfico

Primavera do Cine celebrarase entre o 30 de maio e o 2 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Cartel do festival Primavera do Cine

Cartel do festival Primavera do Cine

Coa intención de amosar o traballo audiovisual feito en Galicia, as asociacións Musiquina 33MG e Reencanto Producións botan a andar a primeira edición do festival Primavera do Cine. O evento, que se celebrará entre o 30 de maio e o 2 de xuño, ten aberto ata o 25 de abril o prazo de inscrición para as producións, e non pon límite temporal ás que se poden presentar. Deste xeito, os organizadores pretenden amosar desde obras clásicas do cinema galego ata os últimos traballos que se fixeron no país. Está previsto unha entrada dun euro para asistir ás proxeccións.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Vigo, Asociacións

Claves

Conceptos
Lugares