O III Primavera do Cine celébrase na estreiteza

O encontro vigués desenvólvese entre o 4 e o 8 de xuño e ten aberto un crowdfunding

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
O III Primavera do Cine celébrase na estreiteza

A unha semana de completar o seu proxecto de crowdfunding na plataforma Verkami, o Festival Primavera de Vigo confirma que se celebrará nas datas previas. Malia a non obter polo momento os 2.100 solicitados, a organización adianta que a terceira edición deste evento centrado en curtametraxes, longametraxes e videoclips se desenvolverá entre o 4 o 8 de xuño. No programa, destacan as estreas en Galicia das producións Blockbuster e El rayo ou da curtametraxe Tupper, recentemente premiadas en Cans.

En total proxectaranse sete longa metraxes, 14 curtas e 13 videoclips das máis de 200 producións recibias. Os organizadores, no entanto, sinalan que non será posible manter esta cita en vindeiros se non acadan novos apoios económicos.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Cans, Vigo

Claves

Conceptos
Lugares