Fran Araújo gañou o premio de longametraxes do Primavera do Cine

O festival vigués recoñeceu tamén a curta Tupper e o videoclip Wilda

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Fran Araújo recolle o seu premio no Primavera do Cine

Fran Araújo recolle o seu premio no Primavera do Cine

Cun chamamento a que as institucións apoien o festival e garantan a súa continuidade fechaba na noite de onte a terceira edición do festival Primavera do Cine en Vigo. A gala de feche acolleu tamén a entrega dos premios do evento, seleccionados polo público asistente. Así, El Rayo de Fran Araújo obtivo o galardón á longametraxe, mentres Tupper de Ángel Manzano foi escolleita como mellor curta e Wilda de José Araújo impúxose na categoría de videoclips. A organización salientou a alta puntuación media que obtiveron todos os filmes que se proxectaron no marco do festival.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Medios de comunicación, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)