Devolvendo o golpe revélase como grande vencedora do Primavera do Cine

O festival de cinema vigués fechou a súa X edición o 12 de setembro

O festival de cinema vigués fechou a súa X edición o 12 de setembro
A longametraxe de Carlos Prado Pampín que narra a historia de superación do boxeador marinense Aarón González, Devolvendo o golpe impúxose na décima edición do festival vigués Primavera do Cine, que fechaba as súas portas o 12 de setembro. O filme obtivo os dous principais galardóns do evento ao se facer cos premios do xurado e do público á mellor longametraxe galega. Pola súa banda, Campo de Tiago Hespanha foi escolleito como mellor filme lusófono a concurso, mentres Ana de Lúcia Murat conseguiu o favor do público nesta categoría.

Nos premios ás mellores curtametraxes, Catherine Murphy levou o galego por Silvio Rodríguez. Mi primera tarea e Xosé Zapata e Lorenzo Degl’Innocenti o lusófono por The Monkey. David Fidalgo Omil, pola súa banda, obtivo o galardón á mellor curtametraxe infantil con Cartas a Superman.

Fon Cortizo foi o gañador no Premio CREA á mellor dirección galega polo seu traballo en 9 Fugas, e o videoclip que Adrián Canoura asinou para o tema Veleno de Baiuca levou o galardón nesta categoría.