Cos premios do público e do xurado á mellor longametraxe, o filme da portuguesa Cláudia Varejão impúxose na XI edición do festival vigués. O xurado destacou desta obra a "poesía que destila en cada unha das súas imaxes. Unha película que nos ensina a experimentar o amor sen adxectivalo, alén das convencións que limitan a liberdade de gozalo con independencia de como ese amor se materializa".
No acto de entrega dos galardóns, que se celebrou este domingo 18 a coincidir coa clausura do festival, recibiu tamén o premio do xurado á mellor longametraxe galega o filme Un cielo impasible do vigués David Varela, mentres o público recoñeceu nesta categoría Sauerdogs de Guillermo de Oliveira.
Varela obtivo ademais o premio CREA á mellor dirección a recoñecer a "súa capacidade para construír un diálogo interxeracional de gran interese sobre un tema fundamental como é o da Guerra Civil Española".
O xurado recoñeceu tamén como mellor curtametraxe infantil Napo de Gustavo Ribeiro e o mellor videoclip foi para o público o de Ceras Rosas de Silvia Coca para Dani. O comité de selección estivo composto por Sofia Henrique, Aldara Pagán e Álex Mene, mentres o xurado infantil contou con Noa Lago, Breixo Silva e Xoana Silva.