A volta dos nove imponse no festival Primavera do Cine de Vigo

Curricán foi a mellor curta e Bombones de cereza levou o premio ao videoclip

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O documental de Antonio Caeiro A volta dos nove foi seleccionada polo público como mellor longametraxe na IV edición do festival Primavera do Cine. O encontro vigués fechaba onte as súas portas logo do que a organización recoñeceu como un "éxito de crítica pero non de público". Os asistentes seleccionaron tamén Curricán de Álvaro Gago como mellor curtametraxe, e outorgáronlle o premio ao mellor videoclip a Bombones de cereza, no que Cristian Otero y Marc Soler lle poñen imaxes a un tema do grupo Inerttes. O festival entregou tamén o seu premio de honra a Sarabela Teatro en homenaxe á súa traxectoria.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Vigo, Álvaro Gago, Documental...

Claves

Protagonistas
Lugares